29 feb 2016

25 feb 2016

Videopoema Como chove miudiño

A continuación temos o videopoema que recolle o poema de Rosalía de Castro, Como chove miudiño do seu libro Cantares gallegos:





21 feb 2016

Falece Umberto Eco

Umberto Eco
por Università Reggio Calabria

O escritor e semiólogo italiano Umberto Eco faleceu esta semana en Milán.


Il Professore, o escritor, filósofo e semiólogo italiano Umberto Eco faleceu este venres na súa casa de Milán aos 84 anos. Aínda que a traxectora do escritor piamontés estivo centrada no mundo da semiótica, a súa fama veulle dada pola publicación da novela O nome da rosa en 1980. Esta novela supuxo todo un éxito editorial internacional, chegando a venderse 30 millóns de exemplares en moitos idiomas. Tamén del é a novela O péndulo de Foucault.  O nome da rosa tivo tamén un importante éxito grazas á súa versión cinematográfica da man de Jean-Jacques Annaud.

Nas súas novelas rendía homenaxe aos autores que o marcaron como lector e tocaba aqueles temas literarios, filosóficos e vitais que centraron o seu interese.

A súa despedida terá lugar o vindeiro martes nunha cerimonia civil no Castello Sforzesco, de acordo coas súas instrucións ao respecto.

Para ser profesor (ou profesora) hoxe

Debate en clase, por Francisco Javier Pulido
Banco Imágenes INTEF
INGREDIENTES

  • autonomía de alumnado
  • traballo en equipo
  • recursos innovadores
  • capacidade analítica do alumnado


PROCEDEMENTO

En primeiro lugar débese fomentar no alumno a responsabilidade para que el mesmo poida gozar de autonomía para resolver os seus propios problemas. 

Ao mesmo tempo é fundamental que se acostume a traballar en equipo, de tal xeito que favoreza a relación cos compañeiros/as. 

Unha vez feita esta mixtión, débeselle engadir recursos innovadores para que o alumnado aproveite todos os recursos que están ao seu alcance. 
Para rematar, débese verter o contido de todos estes ingredientes nun recipiente crítico e, deste xeito, conseguir que o alumnado alcance esa madureza que lle fai ser autónomo e desenvolver a capacidade crítica, tan necesaria hoxe en día.

FONTES