21 feb. 2016

Falece Umberto Eco

Umberto Eco
por Università Reggio Calabria

O escritor e semiólogo italiano Umberto Eco faleceu esta semana en Milán.


Il Professore, o escritor, filósofo e semiólogo italiano Umberto Eco faleceu este venres na súa casa de Milán aos 84 anos. Aínda que a traxectora do escritor piamontés estivo centrada no mundo da semiótica, a súa fama veulle dada pola publicación da novela O nome da rosa en 1980. Esta novela supuxo todo un éxito editorial internacional, chegando a venderse 30 millóns de exemplares en moitos idiomas. Tamén del é a novela O péndulo de Foucault.  O nome da rosa tivo tamén un importante éxito grazas á súa versión cinematográfica da man de Jean-Jacques Annaud.

Nas súas novelas rendía homenaxe aos autores que o marcaron como lector e tocaba aqueles temas literarios, filosóficos e vitais que centraron o seu interese.

A súa despedida terá lugar o vindeiro martes nunha cerimonia civil no Castello Sforzesco, de acordo coas súas instrucións ao respecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario