O blog de galego
Neste blog de aula alóxase información e materiais de interese para o alumnado de galego do IES Lucus Augusti.
9 mar 2016
8 mar 2016
1 mar 2016
29 feb 2016
Videopoema: A muralla pinta de gris as súas pedras
Este videopoema recolle o poema de Xosé Otero Canto "A muralla pinta de gris as súas pedras", do seu poemario Guía poética da muralla de Lugo.
25 feb 2016
Videopoema Como chove miudiño
A continuación temos o videopoema que recolle o poema de Rosalía de Castro, Como chove miudiño do seu libro Cantares gallegos:
21 feb 2016
Falece Umberto Eco
![]() |
| Umberto Eco por Università Reggio Calabria |
O escritor e semiólogo italiano Umberto Eco faleceu esta semana en Milán.
Il Professore, o escritor, filósofo e semiólogo italiano Umberto Eco faleceu este venres na súa casa de Milán aos 84 anos. Aínda que a traxectora do escritor piamontés estivo centrada no mundo da semiótica, a súa fama veulle dada pola publicación da novela O nome da rosa en 1980. Esta novela supuxo todo un éxito editorial internacional, chegando a venderse 30 millóns de exemplares en moitos idiomas. Tamén del é a novela O péndulo de Foucault. O nome da rosa tivo tamén un importante éxito grazas á súa versión cinematográfica da man de Jean-Jacques Annaud.
Nas súas novelas rendía homenaxe aos autores que o marcaron como lector e tocaba aqueles temas literarios, filosóficos e vitais que centraron o seu interese.
A súa despedida terá lugar o vindeiro martes nunha cerimonia civil no Castello Sforzesco, de acordo coas súas instrucións ao respecto.
Para ser profesor (ou profesora) hoxe
![]() |
| Debate en clase, por Francisco Javier Pulido Banco Imágenes INTEF |
- autonomía de alumnado
- traballo en equipo
- recursos innovadores
- capacidade analítica do alumnado
PROCEDEMENTO
En primeiro lugar débese fomentar no alumno a responsabilidade para que el mesmo poida gozar de autonomía para resolver os seus propios problemas.
Ao mesmo tempo é fundamental que se acostume a traballar en equipo, de tal xeito que favoreza a relación cos compañeiros/as.
Unha vez feita esta mixtión, débeselle engadir recursos innovadores para que o alumnado aproveite todos os recursos que están ao seu alcance.
Para rematar, débese verter o contido de todos estes ingredientes nun recipiente crítico e, deste xeito, conseguir que o alumnado alcance esa madureza que lle fai ser autónomo e desenvolver a capacidade crítica, tan necesaria hoxe en día.
FONTES
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



